O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), dentro da ampla oferta formativa que desenvolve a través da Escola Galega do Consumo, realizou hoxe, 6 de novembro de 2019, nas súas instalacións, varios obradoiros do Programa Cores sobre consumo responsable. Estes trataron sobre etiquetaxe, consumo na rede, compras por Internet e consumo responsable no supermercado. Nas actividades participou alumnado do IES Monte da Vila, do Grove.
O Programa Cores é un programa de formación permanente que se desenvolve ao longo de todo o ano cubrindo diferentes temáticas relacionadas co consumo responsable e os dereitos das persoas consumidoras.
Para obter información (ou solicitar) as actividades do Programa Cores da Escola Galega do Consumo pódese consultar o apartado de formación da páxina web do IGCC (https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/programa-cores) e, para formular calquera cuestión ou solicitar a inscrición, pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999075 e 881 999091 ou a través do correo electrónico: igc.escuela@xunta.es.