O obradoiro desenvolveuse na Aula Supermercado da Escola Galega do Consumo e nel participou un grupo de mulleres da Fundación Secretariado Gitano, FSG, de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 18 de Outubro de 2019.-

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), dentro da ampla oferta formativa  que desenvolve a través da Escola Galega do Consumo, desenvolveu hoxe, 18 de outubro de 2019, un obradoiro sobre Consumo responsable no supermercado na súa Aula Supermercado. Na actividade participou un grupo de mulleres da Fundación Secretariado Gitano, FSG, de Santiago de Compostela. 

                                                                                                                                                                    

Esta actividade forma parte do Programa Cores, un programa de formación permanente que se desenvolve ao longo de todo o ano cubrindo diferentes temáticas relacionadas co consumo responsable e os dereitos das persoas consumidoras.

 

            Para obter información (ou solicitar) as actividades do Programa Cores da Escola Galega do Consumo pódese consultar o apartado de formación da páxina web do IGCC  (https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/programa-cores) e, para formular calquera cuestión ou solicitar a inscrición, pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999091 e 881 999075 ou a través do correo electrónico: igc.escuela@xunta.es

Temática:
Outros