Antes de contratar calquera servizo de viaxe, xa sexa un transporte, un hotel ou unha viaxe combinada, debemos ler as condicións xerais do contrato: cancelacións, cambios, reembolsos… xa que as empresas deben cumprir co ofertado e contratado, do contrario poderíamos reclamar.
Transporte aéreo
No caso de cancelacións, retrasos de máis de 3 horas, overbooking e cambio de clase a unha inferior, temos algún destes dereitos: información, atención, reembolso do billete, compensación económica segundo distancias e transporte ao destino final.
Como podemos coñecer os dereitos que temos?
A Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) na súa web explícanos cales son en cada caso e como reclamalos:
Dereitos dos pasaxeiros | AESA-Axencia Estatal de Seguridade Aérea - MTMS
Incidencias coa equipaxe nun voo
O primeiro é non saír do aeroporto sen presentar unha reclamación á compañía solicitando o PIR (Parte de Irregularidade da Equipaxe) e facendo constar a incidencia. Con posterioridade, de non solucionarse a incidencia podemos presentar unha reclamación en Consumo.
- IMPORTANTE: conserva o adhesivo identificador que nos poñen na equipaxe, posto que na parte traseira consta en que condición entregamos a maleta.