- Non están permitidas as chamadas telefónicas con fins comerciais sen consentemento previo e expreso da persoa consumidora.
- O Instituto Galego do Consumo e da Competencia recomenda solicitar e ter por escrito as condicións ofertadas, desconfiando se esto non é posible.
- Para calquera dúbida ou consulta pode chamar ao teléfono gratuíto de información á persoa consumidora 900 23 11 23
Atención
No Instituto Galego do Consumo e da Competencia estanse a recibir consultas relacionadas con malas praxes. Por iso:
- Comproba e verifica coa túa compañía de telefonía calquera información que che fagan chegar. En moitos casos, suplantan a súa identidade para anunciar subas de custes que non son reais e logo ofrecerche os servizos doutra compañía.
- Desconfía de calquera mensaxe que inclúa un vínculo para pedirche datos ou acceder a contornas descoñecidas, baseándose nunha suposta entrega dun paquete ou outra circunstancia.