Enerxía

Ten dispoñibles para consulta 61 resultado/s

Nova

O Instituto Galego de Consumo e o Inega colaboran para achegar á cidadanía o contido do recibo e consellos para aforrar no consumo de electricidade.
Explícanse os cambios do novo modelo a través dun folleto informativo que será distribuído entre os cidadáns.
Desglósase a asignación dos prezos da enerxía no conxunto do recibo, facilitando ao consumidor a súa comprensión.
Apúntanse os distintos tipos de contratación e a nova modalidade de Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC).
A información estará dispoñible tamén nas webs do Instituto Galego de Consumo e do Inega, que contan con simuladores que facilitan ao cidadán a comprensión da factura e o aforro enerxético.
Con respecto ao novo modelo adiantado polo Goberno, a Xunta fai unha valoración positiva ao ter sido Galicia a primeiro comunidade que solicitou un modelo tipo uniforme, comprensible e transparente para o consumidor.
O labor desenvolvido desde o IGC en defensa do consumidor ten permitido que o 77% das reclamacións relacionadas coa enerxía eléctrica presentadas no que vai de ano se resolveran xa de xeito favorable para o consumidor.