De ter algunha incidencia en relación a este desconto, aconséllase:

1.-Realice unha foto da publicidade e do prezo do combustible ofertado e tamén garde o seu ticket de compra.

2.-Presente unha reclamación ante a estación de combustible aportado esta información.

Para presentar a reclamación ante a empresa pode utilizar as folla de reclamacións que deben estar dispoñibles na mesma ou ben empregar o modelo existente no asistente de reclamacións dispoñible en https://consumo.xunta.gal,

En ambos casos, deben entregarse na empresa xunto coa documentación sinalada no punto 1.

 

En caso de que a resposta non sexa satisfactoria ou non se lle responda no prazo dun mes, poderá presentar unha reclamación anteo o IGCC empregando o asistente de reclamacións IGCC - Reclamacións (xunta.gal) e aportando toda a documentación que teña sobre o tema.

 

Para calquera información adicional pode chamar ao teléfono gratuito 900 23 11 23 ou entrar no enderezo electrónico consumo.xunta.gal

Máis información:

https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/procedimientoini/DJ22.shtml

Temática:
Subministros