Transporte e motor

Ten dispoñibles para consulta 15 resultado/s

Nova

◾O Instituto Galego do Consumo e da Competencia ofrece información e asesoramento a través das súas oficinas, na páxina web e no teléfono 900 23 11 23
◾O organismo autonómico, que aconsella reclamar ás compañías, lembra que os viaxeiros teñen dereito á información, asistencia e ao reembolso ou alternativa
◾A Consellería de Infraestruturas e Vivenda sinala que se programou a mellora do sistema antinéboa prevendo a menor afección e reclama medidas de resposta

Nova

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia ofrece información e asesoramento a través das súas oficinas nas sete principais cidades galegas, na páxina web e no teléfono gratuíto 900 23 11 23
O organismo autonómico lembra que os viaxeiros teñen dereito á información, asistencia e ao reembolso ou transporte alternativo
O Goberno galego considera inadmisible a situación, xa que está a prexudicar os viaxeiros e o turismo de Galicia
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda xa se ten dirixido ao Ministerio de Fomento para solicitar información puntual sobre o expediente aberto por esta situación

Nova

 A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a xerente do Instituto Galego de Consumo, María Jesús Muñoz, mantiveron un encontro cunha vintena de pasaxeiros galegos
 O Instituto pon á disposición de todos os afectados a opción de centralizar desde Consumo as reclamacións que presenten a Ryanair
 O organismo autonómico vai ofrecer mediación á compañía, e se esta non satisfai as demandas dos consumidores trasladaranse as reclamacións á Agencia Estatal de Seguridad Aérea, que é a competente nesta materia
 Os pasaxeiros afectados poden informarse nas oficinas do IGC nas sete principais cidades galegas e no teléfono gratuíto 900 23 11 23

Pregunta frecuente

Dependendo da data de cancelación e da tarifa do billete, a compañía aérea pode cobrar determinadas porcentaxes se se pretende anular o billete.

Pregunta frecuente

En ocasións, a compañía aérea realiza máis reservas, que o número de prazas de avión que vai realizar o traxecto; podéndose dar a circunstancia de que un via