O IGCC tamén se desprazou ao CPR Raiola, en Santiago de Compostela, para realizar algunhas actividades do programa InfoNadal Consumo
Santiago de Compostela, 19 de Novembro de 2019.-

 

A Escola Galega do Consumo, do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), visitou hoxe o CEIP Cabanas, en Pontevedra, para realizar varias actividades relacionadas co consumo responsable, dentro do Programa Cores. Nelas participou todo o alumnado de educación primaria e traballouse arredor da igualdade na publicidade, a etiquetaxe e o comercio xusto. Ademais, a Escola Galega do Consumo tamén se desprazou hoxe ao CPR Raiola, para desenvolver varios obradoiros do seu programa InfoNadal Consumo cos nenos e nenas de educación infantil.

 

O Programa Cores é un programa de formación permanente que se desenvolve ao longo de todo o ano cubrindo diferentes temáticas relacionadas co consumo responsable e os dereitos das persoas consumidoras. Para obter información (ou solicitar) as actividades do Programa Cores da Escola Galega do Consumo pódese consultar o apartado de formación da páxina web do IGCC  (https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/programa-cores).

                                                                                                                                                                    

No período de Nadal aumenta o nivel de consumo con motivo das celebracións propias destas datas e da compra de agasallos. Para promover a reflexión sobre os hábitos de consumo e fomentar un consumo responsable, a Escola Galega do Consumo ofrece cada ano o  programa InfoNadal Consumo, que abrangue tanto actuacións formativas, que se desenvolven en asociacións e centros escolares, como unha campaña de seguridade de xoguetes e produtos de decoración. Pódese obter máis información sobre InfoNadal Consumo na seguinte ligazón: 

 https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/infonadalconsumo

Para formular calquera cuestión pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999075 e 881 999091 ou a través do correo electrónico: igc.escuela@xunta.es

Temática:
Outros