O CEIP do Pindo acolle varias actividades do Programa InfoNadal Consumo, que reflexiona sobre os hábitos de consumo nesas datas.
Santiago de Compostela, 25 de Novembro de 2019.-

 

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), dentro da ampla oferta formativa  que desenvolve a través da Escola Galega do Consumo, realizou hoxe, 25 de novembro de de 2019, varios obradoiros sobre consumo responsable do Programa Cores para o alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Raíña Fabiola, de Santiago de Compostela. As actividades impartidas foron: Deseñando o noso videoxogo, Consumo responsable no supermercado e Navegando pola rede. Pola tarde, a Escola Galega do Consumo tamén se desprazou ata o CEIP do Pindo, en Carnota, para desenvolver varios obradoiros de InfoNadal Consumo. 

 

 O Programa Cores é un programa de formación permanente que se desenvolve ao longo de todo o ano cubrindo diferentes temáticas relacionadas co consumo responsable e os dereitos das persoas consumidoras. Para obter información (ou solicitar) as actividades do Programa Cores da Escola Galega do Consumo pódese consultar o apartado de formación da páxina web do IGCC  (https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/programa-cores).

No período de Nadal aumenta o nivel de consumo con motivo das celebracións propias destas datas e da compra de agasallos. Para promover a reflexión sobre os hábitos de consumo e fomentar un consumo responsable, a Escola Galega do Consumo ofrece cada ano o  programa InfoNadal Consumo, que abrangue tanto actuacións formativas, que se desenvolven en asociacións e centros escolares, como unha campaña de seguridade de xoguetes e produtos de decoración. Debido á grande acollida que recibiu esta edición do programa, que leva por lema: "Este Nadal, menos é mais. Por un consumo responsable", adiantouse o seu comezo á semana pasada e xa son máis de 3.700 as persoas inscritas para participar nas actividades, que se desenvolverán ata finais de decembro.

 

Pódese obter máis información sobre InfoNadal Consumo na seguinte ligazón:   https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/infonadalconsumo

 

Nesta ligazón pódese descargar o folleto informativo do programa: https://consumo.xunta.gal/sites/default/files/public/actividade/doc/1572...

 

Para formular calquera dúbida ou cuestión, pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999 075 e 881 999 091 ou a través do correo electrónico igc.escuela@xunta.es

Temática:
Outros