O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), dentro da ampla oferta formativa que desenvolve a través da Escola Galega do Consumo, realizou hoxe, 27 de novembro de de 2019, varios obradoiros do programa InfoNadal Consumo no CPR Vilas Alborada, de Santiago.
Pola tarde, a Escola Galega do Consumo tamén impartiu unha charla participativa sobre Etiquetaxe de alimentos e Alimentos funcionais, do Programa Cores, para o alumnado do Programa Universitario de Maiores, PUM, da Universidade de Vigo, no campus de Pontevedra.
No período de Nadal aumenta o nivel de consumo con motivo das celebracións propias destas datas e da compra de agasallos. Para promover a reflexión sobre os hábitos de consumo e fomentar un consumo responsable, a Escola Galega do Consumo ofrece cada ano o programa InfoNadal Consumo, que abrangue tanto actuacións formativas, que se desenvolven en asociacións e centros escolares, como unha campaña de seguridade de xoguetes e produtos de decoración.
Pódese obter máis información sobre InfoNadal Consumo na seguinte ligazón: https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/infonadalconsumo
Nesta ligazón pódese descargar o folleto informativo do programa: https://consumo.xunta.gal/sites/default/files/public/actividade/doc/1572...
O Programa Cores é un programa de formación permanente que se ofrece ao longo de todo o ano cubrindo diferentes temáticas relacionadas co consumo responsable e os dereitos das persoas consumidoras.
Para obter información (ou solicitar) as actividades do Programa Cores da Escola Galega do Consumo pódese consultar o apartado de formación da páxina web do IGCC (https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/programa-cores
Para formular calquera dúbida ou cuestión, pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999 075 e 881 999 091 ou a través do correo electrónico igc.escuela@xunta.es