O Laboratorio de Consumo de Galicia logra no 2024, dous dos Premios para Empregados/as Públicos/as Innovadores/as, na VI edición convocada pola Xunta de Galicia a través da a Axencia Galega de Innovación (GAIN)

19/Dec/2020
Santiago de Compostela

En decembro de 2024 celebrouse en Santiago de Compostela a entrega da sexta edición do Premio Empregados/as Públicos/as Innovadores/as establecido no marco do Programa Integral de Impulso da Compra Pública de Innovación (Innpulsa CPI), que convoca anualmente a Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia.

A finalidade desta iniciativa é recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servicio da Xunta de Galicia que fan posible unha Administración pública máis eficiente, moderna e innovadora capaz de satisfacer as necesidades da cidadanía.

O Laboratorio de Consumo de Galicia xa foi gañador destes premios nas pasadas 1ª edición do 2019, co proxecto “A IMPRESIÓN EN 3D PARA A REALIZACIÓN DE ENSAIOS DE XOGUETES E ARTÍGOS DE PUERICULTURA” e na edición do 2020 co proxecto “CEBRA: APLICACIÓN INFORMÁTICA ADAPTADA AO TRABALLO DE VIXILANCIA DO MERCADO”

Neste 2024, e nunha aposta decidida pola innovación, os funcionarios de LCG elaboraron dous proxectos que presentaron na 6ª convocatoria da GAIN para premiar aos funcionarios públicos innovadores. Nesa convocatoria, os funcionarios do LCG recibiron un primeiro premio modalidade de SIMPLIFICACIÓN AMINISTRATIVA polo traballo titulado “SISTEMA INTELIXENTE DE INTERPRETACIÓN E TRANSCRICIÓN DA FALA GALEGA” e un segundo premio na temática PROXECTO COA TEMÁTICA MÁS INNOVADORA á iniciativa: “PROXECTO PILOTO PARA A IMPLEMENTACIÓN DA IA NO LABORATORIO DE CONSUMO DE GALICIA”

Con estes novos premios, o terceiro e o cuarto obtido dos convocados nesta modalidade, o Laboratorio de Consumo de Galicia consolida o seu liderazgo na aplicación de iniciativas de Innovación e Desenvolvemento no seu traballo diario.

O traballo galardoado presenta Desenvolvemento informático-lingüístico para a inserción, nas aplicacións dixitais e nas plataformas online da Administración pública galega, dun sistema intelixente de interpretación e transcrición da fala galega mediante programación e o emprego da intelixencia artificial (IA). O traballo que acadou a segunda posición, busca a implementación da intelixencia artificial (IA) como ferramenta innovadora que pode transformar os nosos procesos, mellorar a calidade dos informes e optimizar a avaliación de riscos asociados a produtos que presentan incumprimentos de seguridade.

Área temática

Galería de imaxes