As charlas e obradoiros realízanse tanto nas instalacións do Instituto Galego Consumo e da Competencia como no lugar indicado polas persoas solicitantes.
Santiago de Compostela, 26 de Outubro de 2019.-

Cores é un dos programas de formación permanente que desenvolve o Instituto Galego do Consumo e da Competencia a través da Escola Galega do Consumo. As actividades realízanse tanto nas súas instalacións, especificamente equipadas para a súa realización, como no lugar indicado no formulario de inscrición polas persoas participantes. O programa pretende achegar a educación en materia de consumo responsable ao maior número de persoas destinatarias posible, adaptándose ás súas necesidades.

 

Para facilitar a participación de todos os sectores da poboación, cada actividade pode realizarse en dous formatos diferentes, obradoiro e charla participativa, sendo a duración estimada de 60 minutos. Porén, esta e os contidos pódense adaptar ás necesidades educativas especiais ou ás demandas específicas de cada colectivo, o que se debe sinalar de xeito específico no formulario de inscrición. O horario de realización é de luns a venres, de mañá e de tarde. Para facilitar a escolla, establécense cinco grandes temáticas que, á súa vez, ofrecen toda unha serie de actividades:

Alimentación e etiquetado
Publicidade
Consumo responsable
TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación)
Dereitos e deberes

 

Este é o enlace ao cartel informativo do Programa Cores:

 

Para obter máis información sobre as actividades do Programa Cores da Escola Galega do Consumo pódese consultar o apartado de formación da páxina web do IGCC  (https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/programa-cores).

 

O formulario de inscrición está dispoñible neste enlace: https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/programa-cores/inscri...

 

Para formular calquera dúbida ou cuestión, pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999 091 e 881 999 075 ou a través do correo electrónico igc.escuela@xunta.es

Temática:
Outros