No marco da iniciativa impulsada pola Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o próximo 7 de decembro celebrarase esta xornada informativa no Centro de Desenvolvemento Local de Vilanova de Arousa a partir das 16.00 horas, e no auditorio municipal de Vilagarcía desde as 18.30 horas
Durante este encontro, indicarase aos consumidores como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria
Esta campaña chegará a 15 concellos da provincia pontevedresa e conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios poden recibir recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico
Os consumidores teñen a posibilidade de realizar consultas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais