Consumidores

Ten dispoñibles para consulta 105 resultado/s

Nova

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou nunha xornada de traballo coas federacións e asociacións con máis de 5 anos de presencia no Consello Galego de Consumidores e Usuarios de Galicia
No marco deste encontro puxéronse en marcha cinco convenios de colaboración coa finalidade de reforzar a información e protección das persoas consumidoras e usuarias

Nova

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asinou hoxe en Santiago de Compostela convenios de colaboración con nove asociacións para o desenvolvemento de actividades de carácter formativo e informativo
A sinatura tivo lugar no marco dunha xuntanza de traballo con diferentes colectivos representativos das persoas máis vulnerables para identificar liñas de traballo futuras dirixidas a reforzar a protección no eido do consumo
Desenvolveranse máis de 50 talleres formativos sobre temáticas como os dereitos básicos das persoas consumidoras e usuarias, os servizos financeiros ou a subministración de enerxía

Nova

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou, xunto coa xerente do IGCC, Sol Vázquez, unha destas actuacións no Colexio Rural Agrupado (CRA) de Teo coa que se busca concienciar dun xeito lúdico sobre o consumo responsable
Alén destacou a importancia de educar en consumo para acadar unha sociedade formada por consumidores conscientes, solidarios e responsables, comprometidos coa súa contorna e coñecedores dos seus dereitos para defendelos

Nova

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe o IES Cacheiras, da Coruña, e o IES Lamas de Abade, de Santiago de Compostela, gañadores nestas dúas iniciativas do Goberno galego
Apelou entre os escolares, a facer sempre un consumo responsable e sostible coñecendo sempre os dereitos básicos dos consumidores, sobre todo nun mercado cada vez máis global e dixitalizado

Nova

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta actividade que hoxe chegou ao CEIP da Xunqueira de Pontevedra e ao CEIP Plurilingüe Albino Núñez de Ourense e que finalizará mañá
A iniciativa ten por obxectivo ofrecer pautas e consellos para unha compra e un uso axeitado e seguro dos produtos máis consumidos polos rapaces a rapazas durante a festa do Samaín como disfraces, máscaras, perrucas, pinturas faciais ou artigos de broma