Consumidores

Ten dispoñibles para consulta 105 resultado/s

Nova

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañou ao alumnado da Casa do Neno de Santiago que visitou as instalacións do ICGG, onde realizaron diferentes actividades para coñecer os seus dereitos como persoas consumidoras
Esta mesma semana alumnado da Compañía de María da Coruña comprobou no Laboratorio de Consumo de Galicia como se aplican á seguridade e á calidade dos produtos de consumo as metodoloxías que rexen o traballo tecnolóxico

Nova

O delegado da Xunta e o director xeral de Comercio e Consumo presentaron este novo espazo que contará con dúas persoas para atención presencial e telefónica
Este novo servizo ponse en marcha coincidindo co Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras que promove a difusión dos dereitos fundamentais dos consumidores
No acto tamén se fixeron públicos os datos de balance da actividade do Instituto Galego de Consumo e da Competencia no ano 2022, que atendeu en Galicia a 44.532 consultas de persoas consumidoras, fronte ás 40.047 do ano pasado, o que supuxo un incremento do 11%, mentres que as reclamacións ascenderon a 23.210, un 15% máis

Nova

O delegado territorial da Xunta visita o punto informativo situado na Praza de Abastos de Ourense con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras
No ano 2023 este día estará especialmente dedicado ao consumo responsable e sostible, pero sen esquecer a importancia dos dereitos básicos das persoas consumidoras, especialmente nun mercado cada vez máis global e dixital
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), atendeu no que vai de ano 2023, entre o 1 de xaneiro e o 13 de marzo, en toda Galicia 4.197 reclamacións, das cales 535 (un 12,7 %) foron na provincia de Ourense

Nova

O delegado territorial reafirmou o compromiso do Goberno galego cos cidadáns na adquisición xusta dos seus produtos e servizos e informou das opcións para a restitución dos seus dereitos a través das oficinas autonómicas de Consumo
O representante galego visitou o stand instalado na Praza da Peregrina para desenvolver accións divulgativas e informativas con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras no seu 40º aniversario
As oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia rexistraron o pasado ano un total de 8.584 reclamacións na provincia tras un incremento do 27,6% respecto ao exercicio precedente e os principais contidos das mesmas centráronse na enerxía e as telecomunicacións