Compras

Ten dispoñibles para consulta 32 resultado/s

Nova

A través da campaña Infonadal póñense en marcha actuacións específicas de inspección e análise centradas nos xoguetes para menores de tres anos, nos xoguetes con pilas, nos envasados en bolsas e nas grilandas luminosas.
Grazas a esta iniciativa, que chega á súa quinta edición, desenvolvéronse desde o 2009 máis de 35.000 actuacións, que supuxeron a retirada ou destrución de preto de 4.300 unidades de xoguetes
A iniciativa inclúe tamén accións formativas destinadas aos consumidores, que chegaron na última edición a máis de 1.200 persoas.

Nova

Estanse a intensificar as inspeccións nos establecementos para comprobar que os artigos que están a venda non presentan ningún risco e cumpren coa normativa.
As actuacións, que se centran en disfraces, máscaras e perrucas destinadas aos nenos, inclúen tamén análise de mostras no Laboratorio Galego de Consumo.
Estanse a difundir consellos a ter en conta á hora de mercar, recomendando un consumo responsable como medida de prevención de accidentes.

Nova

O Instituto Galego de Consumo intensifica os controis para asegurar que os produtos que están á venda non presentan riscos
Ademais de incrementar as inspeccións, analízanse no Laboratorio de Consumo artigos de entroido destinados aos máis pequenos
Desde o IGC recoméndase facer un consumo responsable ao mercar este tipo de vestimentas como medida de prevención de accidentes
Esta iniciativa permitiu detectar o ano pasado 12 produtos inseguros, que foron comunicados á Rede de Alerta Nacional para a súa retirada do mercado

Pregunta frecuente

O vendedor responde das faltas de conformidade que se manifesten nun prazo de dous anos dende a entrega (produtos novos e de segunda man).