Compras

Ten dispoñibles para consulta 32 resultado/s

Nova

No marco de Infonadal, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia puxo en marcha actuacións específicas de inspección e análise, centradas nos xoguetes para menores de 3 anos e nas grilandas
Galicia é líder na vixilancia e control do mercado, sendo unha das comunidades que máis produtos perigosos detecta cada ano
No 2017 realizáronse no Laboratorio máis de 12.300 ensaios, e detectáronse un total de 65 produtos inseguros
Desde a Escola Galega de Consumo estanse a celebrar charlas participativas sobre consumo responsable orientadas ao Nadal, nas que está prevista a asistencia de máis de 1.500 persoas
Entre as recomendacións para un consumo responsable, aconséllase elaborar un presuposto coa cantidade dispoñible e comprar con antelación, conservar os tíckets de compra ou comprobar que os xoguetes contan co marcado CE

Nova

Trátase dun programa que informa e da formación sobre o consumo responsable durante o Nadal
Terá lugar entre os días 15 de novembro e 31 de decembro de 2018
Vai dirixido a centros educativos de Galicia, pero tamén a organizacións de consumidores e outras colectividades

Nova

Intensifícanse os controis para asegurar que os produtos que están á venda non presentan riscos, incrementando as inspeccións e analizando no Laboratorio de Consumo artigos de Entroido destinados aos máis pequenos
Esta iniciativa permitiu detectar o ano pasado 11 produtos inseguros, que foron comunicados á Rede de Alerta Nacional para a súa retirada do mercado
Tamén están programadas diferentes actividades formativas organizadas pola Escola Galega de Consumo
Desde o IGC recoméndase facer un consumo responsable ao mercar este tipo de produtos como medida de prevención de accidentes

Nova

As actuacións desenvolvidas polo Instituto Galego de Consumo permiten clarificar este mercado e avanzar na defensa dos dereitos dos consumidores e usuarios
Tras detectar incumprimentos nun 83% dos establecementos, realizouse unha segunda visita na que se constatou unha importante redución dos mesmos
O 53% dos locais que non expoñían o prezo do metal precioso xa o fan, mentres que o 95% dos que non tiñan follas de reclamacións xa corrixiron esta situación
Os locais que non tiñan balanzas aptas para transaccións comerciais solucionárono nun 73% dos casos
Ata a data iniciáronse 86 expedientes sancionadores a establecementos nos que persistían as irregularidades

Nova

A Escola Galega de Consumo acolle un encontro de traballo do proxecto europeo SERVE, do que forma parte xunto con entidades de Hungría, Eslovaquia, Irlanda, Noruega, Polonia, República Checa e Turquía.
Achega a súa experiencia na formación do voluntariado para aproximar o uso do comercio electrónico ás persoas maiores e con discapacidade a través do simulador de compras.