Consumo

Ten dispoñibles para consulta 303 resultado/s

Nova

 Organizada e promovida polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, terá lugar o vindeiro luns, 30 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Salón de Graos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (Área Central)
 Dirixida a todo tipo de público, constitúe unha excelente oportunidade para tomar boa nota das prácticas a instaurar na nosa vida cotiá para consumir dunha forma máis sensata, racional e coherente, tanto a nivel medioambiental como económico
 A xornada eríxese, ademais, nunha excelente oportunidade para enriquecer os programas de educación ambiental instaurados nos centros escolares que teñen apostado de forma decidida por contribuír á protección do contorno e a mellora do benestar e calidade de vida das actuais e futuras xeracións
 Cunha longa traxectoria no ámbito da divulgación ambiental, Gallego foi considerado como unha das dez personalidades máis influíntes de España en temas de medio ambiente polo diario “La Vanguardia”.

Nova

 A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, asistiu á inauguración das xornadas, que se celebran hoxe e mañá no salón de graos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo e que están dirixidas a profesionais do dereito, estudantes e público en xeral
 Profesorado universitario, profesionais da xudicatura e técnicos do Instituto Galego de Consumo interveñen neste congreso no que se analiza a lexislación vixente en materia de protección dos consumidores e usuarios

Nova

 A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, entregou esta tarde o recoñecemento aos integrantes do grupo, de entre 8 e 12 anos, que presentaron un vídeo titulado “Escolle o teu camiño, vai ata San Sadurniño”
 A peza audiovisual, elaborada polos rapaces como traballo final dunha xincana sobre lecer e dieta equilibrada que se celebrou no marco dos campamentos de verán da localidade, recibiu 376 votos en Facebook
 Máis de 2.000 persoas participaron este verán no conxunto de actividades de Lecer Consumo, que chegou a 25 concellos galegos

Nova

Entre as actividades, que se engloban dentro do programa LecerConsumo, trabállanse diversas temáticas relativas a publicidade, o comercio xusto a dieta equilibrada ou o consumismo como exceso a evitar.
O xogo remata coa gravación dun vídeo polos participantes, que entrará nun concurso a través das redes sociais.

Nova

 A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o director xeral de Educación, Manuel Corredoira, entregaron hoxe os galardóns deste certame no que participaron preto de 900 estudantes de primaria e secundaria de toda Galicia
 Resultaron premiados alumnos de centros educativos de Abegondo, Zas e Tordoia, na provincia da Coruña; de Ribadeo e Monforte, en Lugo; da cidade de Ourense e de Poio (Pontevedra)
 Os primeiros clasificados en cada categoría representarán a Galicia na fase nacional do certame

Nova

A Consellería de Economía, Emprego e Industria organiza a fase autonómica do certame en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Nesta XI edición, o estudantado, de primaria e secundaria elaboran vídeos sobre as distintas maneiras de consumir
As persoas gañadoras nas tres categorías convocadas polo Instituto Galego de Consumo representarán a Galicia na fase nacional deste concurso

Nova

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presidiu a entrega duns galardóns cos que se pon en valor o traballo dos distintos axentes sociais na protección e divulgación dos dereitos dos consumidores en Galicia
Sinala que o Instituto Galego de Consumo xoga un papel clave neste eido, garantindo a seguridade dos produtos, impulsando a información e o asesoramento e mediando na resolución de conflitos entre empresas e consumidores
Subliña que o ano pasado o IGC tramitou preto de 20.000 reclamacións e emitiu case 3.000 laudos arbitrais

Nova

O martes 15 e o mércores 16 celebraranse en Santiago xornadas abertas ao público centradas nos alimentos funcionais e nos menores e as novas tecnoloxías, respectivamente
Os centros educativos poderán asistir por videoconferencia a dúas sesións centradas no consumo responsable, e desenvolverase un concurso de carteis dirixido ao alumnado de primaria, segundaria, FP e Bacharelato
O venres terá lugar a entrega da primeira edición dos Premios Consumo Responsable, para poñer en valor a labor de defensa dos dereitos dos consumidores de distintos axentes sociais