Consumo

Ten dispoñibles para consulta 308 resultado/s

Nova

Entre as actividades, que se engloban dentro do programa LecerConsumo, trabállanse diversas temáticas relativas a publicidade, o comercio xusto a dieta equilibrada ou o consumismo como exceso a evitar.
O xogo remata coa gravación dun vídeo polos participantes, que entrará nun concurso a través das redes sociais.

Nova

 A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o director xeral de Educación, Manuel Corredoira, entregaron hoxe os galardóns deste certame no que participaron preto de 900 estudantes de primaria e secundaria de toda Galicia
 Resultaron premiados alumnos de centros educativos de Abegondo, Zas e Tordoia, na provincia da Coruña; de Ribadeo e Monforte, en Lugo; da cidade de Ourense e de Poio (Pontevedra)
 Os primeiros clasificados en cada categoría representarán a Galicia na fase nacional do certame

Nova

A Consellería de Economía, Emprego e Industria organiza a fase autonómica do certame en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Nesta XI edición, o estudantado, de primaria e secundaria elaboran vídeos sobre as distintas maneiras de consumir
As persoas gañadoras nas tres categorías convocadas polo Instituto Galego de Consumo representarán a Galicia na fase nacional deste concurso

Nova

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presidiu a entrega duns galardóns cos que se pon en valor o traballo dos distintos axentes sociais na protección e divulgación dos dereitos dos consumidores en Galicia
Sinala que o Instituto Galego de Consumo xoga un papel clave neste eido, garantindo a seguridade dos produtos, impulsando a información e o asesoramento e mediando na resolución de conflitos entre empresas e consumidores
Subliña que o ano pasado o IGC tramitou preto de 20.000 reclamacións e emitiu case 3.000 laudos arbitrais

Nova

O martes 15 e o mércores 16 celebraranse en Santiago xornadas abertas ao público centradas nos alimentos funcionais e nos menores e as novas tecnoloxías, respectivamente
Os centros educativos poderán asistir por videoconferencia a dúas sesións centradas no consumo responsable, e desenvolverase un concurso de carteis dirixido ao alumnado de primaria, segundaria, FP e Bacharelato
O venres terá lugar a entrega da primeira edición dos Premios Consumo Responsable, para poñer en valor a labor de defensa dos dereitos dos consumidores de distintos axentes sociais

Nova

A presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez, entregou esta tarde o recoñecemento aos integrantes do grupo, de entre 8 e 16 anos, que presentaron un vídeo titulado Deportes acuáticos en Muros"
A peza audiovisual, elaborada polos rapaces como traballo final dunha xincana sobre lecer e publicidade que se celebrou no marco dos campamentos de verán da localidade, recibiu preto de 300 votos en Facebook
Máis de 1.000 persoas participaron este verán no conxunto de actividades de Lecer Consumo, que chegou a 24 concellos galegos

Nova

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova convocatoria de axudas por 12.000 euros para o desenvolvemento de actividades de sensibilización e formación centradas en aspectos como a facturación ou o aforro enerxético
A subministración eléctrica é un ámbito prioritario para o Instituto Galego de Consumo pola súa relevancia no benestar e na economía da cidadanía
A cooperación coas asociacións é unha das claves do traballo do IGC a prol da defensa dos dereitos dos consumidores