Consumo

Ten dispoñibles para consulta 303 resultado/s

Nova

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe na Coruña as instalacións deste centro que o pasado ano detectou incumprimentos en materia de etiquetado e seguridade nun total de 228 produtos
En 2017 a rede de alerta de Galicia xestionou un total de 65 notificacións, sobre todo en materia de xoguetes e luminarias
Mañá continúa o programa de actividades con motivo do Día Mundial das persoas consumidoras e usuarias que pechará a semana cun total de mil alumnos participantes de toda Galicia

Nova

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe en Santiago as actividades que desenvolve a Escola Galega do Consumo que ao longo de 2107 levou a cabo 504 actividades nas que participaron máis de 18.300 persoas
Con motivo do Día mundial das persoas consumidoras e usuarias, que se celebra o día 15 de marzo, Vázquez indicou que a divulgación e a información son clave para a protección efectiva dos consumidores
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) tramitou o pasado ano un total de 17.480 reclamacións dos consumidores abríndose 1.605 expedientes sancionadores

Nova

Os estudantes que participen en Consumópolis poderán optar a tres galardóns de 1000, 600 e 300 euros por cada categoría e os equipos gañadores representarán a Galicia na fase estatal do concurso
Para os mellores proxectos de Galicons-net concederanse catro premios de 1500 euros
Os docentes das iniciativas galardoadas recibirán un recoñecemento da Administración autonómica en horas de formación do profesorado

Nova

A Escola Galega de Consumo realizou desde principios de ano actuacións nas que participaron preto de 1200 persoas tanto nas súas instalacións, emprazadas en Santiago, como en diferentes centros educativos e asociacións
Un total de 40 alumnos de 3º da ESO do IES número 1 da Estrada, en Pontevedra, participarán mañá nun obradoiro sobre consumo responsable, publicidade ilícita e consumo na rede

Nova

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou nas actividades que se desenvolveron esta mañá no CEIP de Laredo e que continuarán a vindeira semana en centros de Vila de Cruces e A Estrada
A iniciativa ten por obxectivo ofrecer pautas e consellos para unha compra e un uso axeitado e seguro dos produtos máis consumidos polos rapaces a rapazas no Entroido como disfraces, máscaras, perrucas, pinturas faciais ou artigos de broma
A Inspección de Consumo, en colaboración co Laboratorio de Consumo de Galicia, analizarán durante a campaña de Entroido os produtos propios desta celebración para garantir a seguridade das persoas consumidoras

Nova

Considera que é imprescindible un traballo de información e de concienciación na sociedade que permita contar cunha xeración de consumidores responsables e informados
Subliña o compromiso da Xunta na defensa dos consumidores, e para promover a información e a educación necesaria entre as xeracións máis novas á hora de acceder a internet
A Escola Galega de Consumo impartiu o ano pasado cursos e charlas a preto de 10.000 persoas
Apela ao traballo conxunto de administracións, empresas e consumidores para que o avance das novas tecnoloxías supoña un salto cualitativo en termos económicos, pero sempre dentro dos marxes da responsabilidade e a seguridade

Nova

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia imparte un curso sobre consumo e xénero destinado ao persoal que traballa nos distintos servizos de información xuvenil
O curso, cunha duración total de 20 horas, impártese na modalidade de teleformación pola Escola Galega do Consumo e da Competencia