A Escola Galega de Consumo está a desenvolver un simulador de contratación e compra por Internet pioneiro en España, que permite reproducir as situacións cotiás e as problemáticas coas que se poden atopar os usuarios
Segundo as previsións do Instituto Galego de Consumo a asistencia aos cursos incrementarase nun 15% no 2010, porque a oferta formativa amplíase este curso a outros colectivos entre os que cómpre destacar ás organizacións de persoas con discapacidade e aos consumidores cun baixo nivel adquisitivo