Actualidade

Buscar

Ten dispoñibles para consulta 349 resultado/s

19/Xan/2017

 Organizada e promovida polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, terá lugar o vindeiro luns, 30 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Salón de Graos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (Área Central)
 Dirixida a todo tipo de público, constitúe unha excelente oportunidade para tomar boa nota das prácticas a instaurar na nosa vida cotiá para consumir dunha forma máis sensata, racional e coherente, tanto a nivel medioambiental como económico
 A xornada eríxese, ademais, nunha excelente oportunidade para enriquecer os programas de educación ambiental instaurados nos centros escolares que teñen apostado de forma decidida por contribuír á protección do contorno e a mellora do benestar e calidade de vida das actuais e futuras xeracións
 Cunha longa traxectoria no ámbito da divulgación ambiental, Gallego foi considerado como unha das dez personalidades máis influíntes de España en temas de medio ambiente polo diario “La Vanguardia”.

14/Dec/2016

 As xornadas, que se celebran no marco desta iniciativa impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, chegarán o próximo 16 de decembro á Casa das Asociacións de Cornes en Santiago ás 16.45 horas e ao Concello de Ames a partir das 18.45 horas
 Durante estes encontros, informarase ao público asistente sobre como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria
 Esta iniciativa, que chega a 22 concellos da provincia da Coruña, conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios reciben recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico
 Os consumidores teñen a posibilidade de consultar as súas dúbidas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais