A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a xerente do Instituto Galego de Consumo, María Jesús Muñoz, mantiveron un encontro cunha vintena de pasaxeiros galegos
O Instituto pon á disposición de todos os afectados a opción de centralizar desde Consumo as reclamacións que presenten a Ryanair
O organismo autonómico vai ofrecer mediación á compañía, e se esta non satisfai as demandas dos consumidores trasladaranse as reclamacións á Agencia Estatal de Seguridad Aérea, que é a competente nesta materia
Os pasaxeiros afectados poden informarse nas oficinas do IGC nas sete principais cidades galegas e no teléfono gratuíto 900 23 11 23