Dálle luz á túa factura chegará o próximo venres aos municipios lucences de Ribadeo, Foz e Mondoñedo
No marco da campaña impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, o 9 de decembro desenvolveranse encontros na Casa do Mar de Ribadeo ás 12.00 horas, no salón de actos do Cenima de Foz desde as 16.00 horas, e na Casa da Xuventude de Mondoñedo a partir das 18.30 horas
Informarase aos consumidores sobre como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria
A iniciativa, que chegará a 16 concellos lucenses, conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios reciben recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico
Os consumidores teñen a posibilidade de consultar as súas dúbidas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais