Formación

Ten dispoñibles para consulta 99 resultado/s

Nova

 A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o director xeral de Educación, Manuel Corredoira, entregaron hoxe os galardóns deste certame no que participaron preto de 900 estudantes de primaria e secundaria de toda Galicia
 Resultaron premiados alumnos de centros educativos de Abegondo, Zas e Tordoia, na provincia da Coruña; de Ribadeo e Monforte, en Lugo; da cidade de Ourense e de Poio (Pontevedra)
 Os primeiros clasificados en cada categoría representarán a Galicia na fase nacional do certame

Nova

A Consellería de Economía, Emprego e Industria organiza a fase autonómica do certame en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Nesta XI edición, o estudantado, de primaria e secundaria elaboran vídeos sobre as distintas maneiras de consumir
As persoas gañadoras nas tres categorías convocadas polo Instituto Galego de Consumo representarán a Galicia na fase nacional deste concurso

Nova

Intensifícanse os controis para asegurar que os produtos que están á venda non presentan riscos, incrementando as inspeccións e analizando no Laboratorio de Consumo artigos de Entroido destinados aos máis pequenos
Esta iniciativa permitiu detectar o ano pasado 11 produtos inseguros, que foron comunicados á Rede de Alerta Nacional para a súa retirada do mercado
Tamén están programadas diferentes actividades formativas organizadas pola Escola Galega de Consumo
Desde o IGC recoméndase facer un consumo responsable ao mercar este tipo de produtos como medida de prevención de accidentes

Nova

No marco da campaña Infonadal están en marcha actuacións específicas de inspección e análise centradas este ano nos xoguetes para menores de tres anos e nos que teñen imáns, as grilandas e os punteiros láser
Galicia é líder na vixilancia e control do mercado, sendo unha das comunidades que máis produtos perigosos detecta cada ano
No 2014 analizáronse no Laboratorio de Consumo de Galicia máis de 500 produtos de consumo, e comunicáronse á rede de alerta nacional un total de 70 produtos
Infonadal inclúe tamén accións formativas nas que está prevista a participación de preto de 800 persoas
Entre as recomendacións para un consumo responsable, aconséllase elaborar un presuposto coa cantidade dispoñible e comprar con antelación, conservar os tíckets de compra ou comprobar que os xoguetes contan co marcado CE

Nova

A Consellería de Economía e Industria, a través do IGC, coordina a fase autonómica do certame dirixido a alumnado de primaria e secundaria, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Nesta edición, lémbranse os cambios producidos nos hábitos de consumo nos dez anos que xa ten o concurso e os 30 de vixencia da Lei estatal de consumidores
Os gañadores nas distintas categorías representarán a Galicia na fase nacional deste concurso

Nova

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, entregaron hoxe os galardóns deste certame no que participaron máis de 1.000 estudantes de primaria e secundaria de toda Galicia
Resultaron premiados alumnos de centros educativos de Tordoia, na provincia da Coruña; de Cospeito, Monforte e Ribadeo, en Lugo; e de Poio, en Pontevedra; así como de Ourense
Os primeiros clasificados en cada categoría representarán a Galicia na fase nacional do certame

Nova

O Instituto Galego de Consumo coordina a fase autonómica do certame dirixido a alumnado de primaria e secundaria
Nesta etapa, os equipos participantes, que multiplican por tres aos da edición anterior, deberán desenvolver un traballo centrado en consumo responsable e deporte
Os gañadores nas distintas categorías representarán a Galicia na fase nacional