Formación

Ten dispoñibles para consulta 99 resultado/s

Nova

A presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez, e o director xeral de Educación, Manuel Corredoira, entregaron hoxe os premios deste concurso escolar, coordinada polo IGC
Máis de 1.200 estudantes galegos participaron no certame, que na súa oitava edición leva por lema "Adéstrate ben para un consumo responsable".
O CEIP Lourido de Poio, o IES Francisco Daviña Rey de Monforte e o IES Manuel García Barros da Estrada foron os primeiros clasificados nas tres categorías establecidas
Os gañadores en cada unha das categorías representarán a Galicia na fase nacional do certame, organizada polo Instituto Nacional de Consumo
A iniciativa forma parte do proxecto educativo da Escola Galega de Consumo, que proporcionou formación de forma directa a máis de 12.000 persoas

Nova

Os conselleiros de Economía e Industria, Francisco Conde, e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiron aos representantes de Galicia na fase nacional do certame.
Máis de 1.200 escolares galegos participaron na novena edición do Consumópolis, no que outro equipo do mesmo instituto ourensán e un grupo do Colexio Pablo VI- Fátima da Rúa se sumaron á representación de Galicia a nivel nacional.
Galicia suma xa catro galardóns na fase estatal deste certame, impulsado na comunidade polo Instituto Galego de Consumo,

Nova

A presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez, entregou esta tarde o recoñecemento aos integrantes do grupo, de entre 9 e 14 anos, que elaboraron un vídeo promovendo o ocio responsable na vila.
A peza audiovisual, elaborada polos rapaces como traballo final dunha xincana sobre lecer e publicidade que se celebrou no marco dos Campamentos de Verán da localidade, recibiu máis de 200 votos en Facebook.
Máis de 1.200 persoas participaron este verán no conxunto de actividades de Lecer Consumo, que chegou a 26 concellos galegos.

Nova

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, acompañou aos estudantes, que se fixeron co recoñecemento na categoría de 1º e 2º de ESO a nivel nacional
Máis de 1.200 escolares galegos participaron o curso pasado na fase autonómica do certame, que coordina o Instituto Galego de Consumo
A novena edición desta iniciativa da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición estivo centrada no uso responsable das tecnoloxías da información e a comunicación