Consumo

Ten dispoñibles para consulta 308 resultado/s

Nova

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presentou as novas funcionalidades da web do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que o ano pasado visitaron máis de 200.000 persoas e que preto de 5.000 usuarios utilizaron para facer as súas reclamacións en liña
A páxina conta cunha nova aula virtual e unha ludoteca na que se poden descargar un cómic e un conto para achegar aos máis novos ao consumo responsable
A telefonía, a enerxía eléctrica e o ocio foron os sectores que máis reclamacións recibiron en 2020
O ano pasado o 68% dos laudos arbitrais foron favorables aos consumidores, e o 7% resolvéronse por conciliación entre as partes
No tocante ao control do mercado, realizáronse preto de 48.000 actuacións inspectoras, mentres que no Laboratorio de Consumo de Galicia se analizaron un total de 386 mostras

Nova

No certame escolar Consumópolis, que nesta edición se centrou en como os actos de consumo poden cambiar o mundo, resultaron gañadores centros de Pontevedra, Vigo, Zas, Cospeito, Ferrol e Santiago
O IES Celanova Celso Emilio Ferreiro e o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda foron os gañadores do concurso Galicons-net polos seus proxectos sobre consumo e xénero, etiquetaxe e linguaxe publicitaria

Nova

O IGCC intensificou a formación on line, levando a cabo cursos sobre comercio electrónico, publicidade, finanzas e a protección das persoas consumidoras ante a covid-19
Estanse a levar a cabo 8 seminarios sobre diferentes temáticas de consumo responsable de interese para as persoas maiores e impartiranse na modalidade telepresencial e estarán tamén dispoñibles on line na videoteca de Fegaus
Calquera persoa poderá asistir a seminarios, que comezaron no mes de maio, solicitando a súa reserva de praza a través da plataforma de Fegaus, ágora canal sénior.