Preguntas frecuentes

Buscar

Ten dispoñibles para consulta 77 resultado/s

Cando percorremos os lineais dun supermercado vemos cada vez máis produtos con etiquetas nas que aparecen destacadas mensaxes do tipo “sen aditivos”, “non contén colorantes nin conservantes” ou “100 % natural”. Cada vez que vemos na lista de ingredientes algún compoñente identificado cunha “E” seguida de tres ou catro números o primeiro que pensamos é que estamos ante un alimento que ten “química”, sen darnos conta de que calquera alimento, por moi natural que sexa, está formado por elementos químicos.

A substitución do contador é gratuíta para as persoas consumidoras que contan con contador ou equipo de medida en réxime de aluguer. Sen embargo, se o contador é en propiedade e a súa antigüidade é inferior a quince anos, o propietario tampouco terá que pagar ningún custe polo cambio nin se lle poderá pagar o aluguer hasta alcanzar ditos anos.

A compañía eléctrica deberá avisar da instalación do novo contador.

Debes saber que poder dirixirte ao Centro Europeo do Consumidor en España, desde onde te atenderán e asesorarán, de xeito gratuíto, sobre calquera problema relacionado cun vendedor estranxeiro. O Centro Europeo do Consumidor trátase dunha oficina  pública de atención ao consumidor de calquera estado membro da UE que precise información en relación a un ben ou servizo nun país diferente ao propio.

Mail: cec [at] consumo-inc.es (cec[at]consumo-inc[dot]es)

No caso de mercar estes produtos é importante escoller os que conteñan o logo CE, o que da garantía de que cumpre os requisitos de seguridade establecidos pola Unión Europea, e os que  mostren un etiquetado completo. Na etiqueta débese mostrar o nome do fabricante, por si existe a necesidade de reclamar, e a advertencia correspondente no caso de ser un xoguete non recomendado para menores de 3 anos. A etiqueta e as instrucións teñen que mostrarse, polo menos, en castelán.