Preguntas frecuentes

Buscar

Ten dispoñibles para consulta 77 resultado/s

Todo produto ten que cumprir os seguintes requisitos, salvo que polas circunstancias do caso algún deles non lle sexa aplicable:

a) Se axuste á descrición feita polo vendedor (exemplo: modelo ofrecido).

b) Sexan aptos para o uso a que ordinariamente se destinan os produtos do mesmo tipo.

c) Sexan aptos para calquera uso especial requirido, sempre que o vendedor admitira que o produto é apto para dito uso.

d) Presente a calidade e prestacións habituais dun produto do mesmo tipo.

Si, o vendedor está obrigado a entregarche unha xustificación documental da entrega do produto para a súa reparación ou substitución, na que conste a data de entrega e a falta de conformidade que orixina o exercicio do dereito.

Así, mesmo, xunto co produto reparado ou substituído, o vendedor entregará xustificación documental da entrega na que conste a data desta e, no seu caso, a reparación efectuada.