Preguntas frecuentes

Buscar

Ten dispoñibles para consulta 77 resultado/s

O Servizo de Asistencia Técnica (SAT) son aqueles establecementos ou persoas que dedícanse á reparación, instalación e/ou conservación de aparatos de uso doméstico, e presten os seus servizos tanto en locais onde desenvolvan a súas actividade como nos domicilios dos usuarios.

Por outra parte, o SAT Oficial de Marca son aqueles servizos de asistencia técnica que posúan autorización escrita do fabricante ou do representante legal en España. 

É o porcentaxe que se lle aplica o capital que está pendente de devolución dun préstamo. Serve para calcular os intereses que deben ser aboados podendo ser un tipo de interese fixo ou variable (realízanse revisións periódicas).

En ocasións, a compañía aérea realiza máis reservas, que o número de prazas de avión que vai realizar o traxecto; podéndose dar a circunstancia de que un viaxeiro con praza confirmada non sexa admitido ao embarque. Esta situación coñécese co nome de Overbooking.

O primeiro que debes facer é dirixirte ao mostrador da compañía aérea e cubrir o PARTE DE IRREGULARIDADE DA EQUIPAXE, que é un documento que sirve para deixar constancia de calquera incidencia que sufra o equipaxe dos pasaxeiros (perda, ruptura, retraso, etc.).Posteriormente é recomendable que remitas un escrito de reclamación á compañía coa que viaxaches, responsable da túa equipaxe.

Dependendo da data de cancelación e da tarifa do billete, a compañía aérea pode cobrar determinadas porcentaxes se se pretende anular o billete.

Incluso, existen tarifas nas que non é posíbel a anulación ou cambio de data.; polo que, é importante que valore esta situación antes de proceder á compra do billete.

Outro aspecto a ter en conta é que, en determinadas tarifas de ida e volta, se non se realiza a ida, automaticamente, se cancela a volta.

Un crédito persoal é o que solicita calquera persoa a unha entidade financeira para cubrir gastos ou pagos. O consumidor ten que devolver a cantidade prestada xunto os intereses que se lle esixan. Mentres un crédito ao consumo vincúlase a unha compra ou á contratación dun servizo e fírmase a través do empresario que vende o produto ou ofrece o servizo.

Si, os cans guía poden embarcar co seu dono sen cargo adicional. É preciso que vaia equipado con voceira, colar e correa. No caso de que viaxe en cabina, irá xunto ao dono no lugar que lle asine a tripulación.

No proceso de embarque, se utiliza unha cadeira de rodas pode ser almacenada na cabina dos pasaxeiros cando haxa espazo e salvo que a cadeira non sexa a batería, neste caso irá sempre na bodega do avión.

O primeiro que debes facer é presentar a reclamación ante o servizo de atención ao cliente da compañía, que poderás facer a través do teléfono que aparece na factura que será gratuíto, ou ben remitindo a reclamación por escrito á compañía, sexa mediante carta postal, correo electrónico ou mediante folla de reclamación que terán que facilitarche na  propia oficina da compañía. No caso de non obter unha resposta no prazo dun mes ou non ser satisfactoria, pódese acudir á OMIC do teu Concello ou ante o Instituto Galego de Consumo.