Preguntas frecuentes

Buscar

Ten dispoñibles para consulta 77 resultado/s

A etiqueta enerxética é un adhesivo que se adhire aos electrodomésticos para informar sobre a súa eficiencia de consumo .

Deste xeito, os usuarios poderán coñecer que aparellos precisan menos enerxía para funcionar e, por conseguinte, contribúen á protección ambiental.

Si. Ademais da posibilidade de devolver o produto presentando o tique de compra, que fai valer a garantía inherente ao mesmo, debes saber que este tipo de publicidade considerase enganosa e constituínte dunha infracción en materia de consumo. Neste caso, é recomendable dirixir unha denuncia ante o Instituto Galego de Consumo, as Oficinas Municipais de Consumo ou asociacións de consumidores.

Dispós dun prazo de 14 días naturais, a contar dende a entrega do ben, para devolver os artigos que mercaches en liña, sen necesidade de xustificación algunha. Isto será de aplicación en toda a Unión Europea. O produto que se devolve deberá ir xunto co documento que acredita a devolución, ademais esta decisión terá que comunicarse ao vendedor antes de que finalice o indicado prazo e a través dalgún medio que acredite que realmente se fixo a comunicación.

Non, os usuarios de telefonía móbil poden finalizar o seu contrato por vontade propia. Para iso, deberán comunicar previamente ao operador cunha antelación mínima de dous días hábiles á data efectiva da baixa. Se o medio para darse de baixa é telefónico, o operador deberá asignar un número de referencia para que o usuario teña constancia da xestión.

Non, o vendedor ten a obrigación de informar por escrito no contrato dunha forma clara, comprensible e precisa, do dereito de desistir e dos requisitos e consecuencias do seu exercicio, incluíndo as modalidades de restitución do ben ou servizo recibido

Se o vendedor non facilita ao consumidor a información sobre o dereito de renuncia, o período para desistir finalizará doce meses despois a contar a partir da data de celebración do contrato no caso de tratarse na prestación de servizos, ou a partir da recepción dos bens. 

En principio non, todas as pezas de reposto que se utilicen nas reparacións deberán ser novas excepto se o usuario da o seu consentimento por escrito para que sexan utilizadas pezas de reposto usadas ou non orixinais. As pezas usadas deberán estar en perfectas condicións e terán un prezo máis baixo respecto a mesma peza pero nova.

O vendedor responde das faltas de conformidade que se manifesten nun prazo de dous anos dende a entrega (produtos novos e de segunda man). Agora ben, para os bens de segunda man, o vendedor e o consumidor poderán pactar un prazo menor, que non poderá ser inferior a un ano dende a entrega. Dentro destes prazos a falta de conformidade que se produza dentro dos seis primeiros meses se presume que son de orixe.