A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na primeira das xornadas previstas nas sete principais cidades para formar aos técnicos que traballan de xeito directo cos consumidores máis vulnerables
Tamén se están a distribuír 50.000 folletos para achegar as claves destes apoios á cidadanía, ademais de poñer á súa disposición o teléfono gratuíto 900 231 123
Máis de 500 fogares benefícianse xa das axudas autonómicas complementarias ao bono social, que permiten aos consumidores vulnerables severos asumir o pagamento do 100% da factura e garanten así mesmo que non van sufrir ningún corte no servizo