O conselleiro de Economía e Industria mantivo un encontro co presidente da Fegamp e alcaldes para informalos sobre o traballo da Xunta na problemática das preferentes
O Goberno galego insta á entidade a reforzar o proceso de revisión dos casos non concluíntes co obxectivo de incrementar o ritmo de laudos
Galicia é pioneira na posta en marcha desta vía que ten permitido, por medio do IGC, que 12.000 aforradores galegos estean a recuperar os seus cartos