Consumo

Ten dispoñibles para consulta 308 resultado/s

Nova

A presidenta do Instituto Galego de Consumo inaugura a reunión do Grupo Europeo de Investigación sobre a Responsabilidade Civil por danos acusados por produtos defectuosos
O IGC notificou 124, dos 610 produtos incluídos na rede de alerta nacional, é dicir, máis dun 20% do total
O obxectivo da Xunta é continuar avanzando na protección dos dereitos das persoas consumidoras, o que ten levado á Consellería a elaborar a Lei de consumo que mañá cumpre o seu primeiro mes de vixencia

Nova

O Instituto Galego de Consumo pon en marcha unha campaña específica para asegurar que os produtos que están á venda non presentan riscos
Ademais de incrementar as inspeccións, estanse a analizar no Laboratorio de Consumo artigos de entroido destinados aos máis pequenos
Desde o IGC recoméndase facer un consumo responsable ao mercar este tipo de vestimentas como medida de prevención de accidentes
Galicia é líder no control de produtos perigosos e foi a comunidade que máis alertas comunicou durante o pasado ano á Rede Nacional

Nova

Javier Guerra sinala que iniciativas como este certame permiten avanzar de forma efectiva na educación para o consumo
O concurso, destinado a escolares de entre 10 a 16 anos, centrouse en aspectos do consumo responsable como a etiquetaxe dos produtos, o comercio xusto ou o uso axeitado das consolas
O colexio Pablo VI- Fátima da Rúa, o IES Manuel García Barros da Estrada e o CPR Plurilingüe Abrente de Portonovo foron os primeiros clasificados nas tres categorías establecidas
A nova Lei de Protección Xeral das Persoas Consumidoras e Usuarias contempla a creación dunha Rede de Centros de Ensino para o consumo responsable

Nova

O Instituto Galego de Consumo coordina a fase autonómica do certame dirixido a alumnado de primaria e secundaria
Nesta etapa, os equipos participantes, que multiplican por tres aos da edición anterior, deberán desenvolver un traballo centrado en consumo responsable e deporte
Os gañadores nas distintas categorías representarán a Galicia na fase nacional

Nova

A presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez, e o director xeral de Educación, Manuel Corredoira, entregaron hoxe os premios deste concurso escolar, coordinada polo IGC
Máis de 1.200 estudantes galegos participaron no certame, que na súa oitava edición leva por lema "Adéstrate ben para un consumo responsable".
O CEIP Lourido de Poio, o IES Francisco Daviña Rey de Monforte e o IES Manuel García Barros da Estrada foron os primeiros clasificados nas tres categorías establecidas
Os gañadores en cada unha das categorías representarán a Galicia na fase nacional do certame, organizada polo Instituto Nacional de Consumo
A iniciativa forma parte do proxecto educativo da Escola Galega de Consumo, que proporcionou formación de forma directa a máis de 12.000 persoas