Consumo

Ten dispoñibles para consulta 308 resultado/s

Nova

O organismo, que ten a súa sede na Coruña, conseguiu unha escarapela de bronce no 8º Congreso de ensaios de intercomparación de Eurachem
O Laboratorio presentou a súa experiencia de máis de 10 anos neste tipo de exercicios, que garanten que os resultados que proporciona son exactos
Nesta actividade que promove o Laboratorio levan participado ata 34 laboratorios de 13 países, e este ano incorpóranse centros de Canadá, Italia, Marrocos, Serbia e Reino Unido
O Laboratorio realizou no 2013 un total de 7.500 ensaios en máis de 600 produtos de consumo, e comunicáronse á rede de alerta nacional un total de 107 produtos

Nova

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, acompañou aos estudantes, que se fixeron co recoñecemento na categoría de 1º e 2º de ESO a nivel nacional
Máis de 1.200 escolares galegos participaron o curso pasado na fase autonómica do certame, que coordina o Instituto Galego de Consumo
A novena edición desta iniciativa da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición estivo centrada no uso responsable das tecnoloxías da información e a comunicación

Nova

O conselleiro de Economía e Industria salienta nunha xornada sobre a nova lei estatal de Consumo o traballo conxunto das normas galega e española para garantir unha maior protección, seguridade xurídica e transparencia
Subliña o esforzo galego por "vixiar mellor, formar mellor e protexer mellor", realizando nos dez primeiros meses do ano preto de 8.000 análises, atendendo máis de 17.000 reclamacións e impulsando máis de 2.800 laudos
Sinala que preto de 10.700 empresas se adheriron xa á arbitraxe, e destaca a incorporación de Gas Natural Fenosa como clave para unha mellor resolución dos conflictos no eido da enerxía en Galicia

Nova

O IGC conmemora o Día Mundial do Consumidor abrindo o laboratorio de consumo a escolares e consumidores
O centro situado na Coruña recibirá a vindeira semana a usuarios da Federación de Consumidores Brétema e unha visita de alumnos da ESO
Galicia notificou o ano pasado un total de 71 produtos inseguros á Rede de alerta nacional grazas a un traballo proactivo de vixilancia e control do mercado, no que o Laboratorio xoga un papel clave
O Instituto Galego de Consumo lembra a través da súa páxina web os dereitos das persoas consumidoras e usuarias con motivo da celebración do 15 de marzo