O obxectivo da estratexia de Economía e Industria é converter o e-Comercio nunha oportunidade para o consumo responsable e unha opción segura para os consumidores
A nova Lei de Protección ás Persoas Consumidoras e Usuarias establece que a publicidade realizada a través de internet debe ser exacta e, en caso de dúbida, haberá unha interpretación favorable ao consumidor
As empresas de Internet sen establecementos en Galicia deberán dispor dun telefono de atención gratuíto e dun correo electrónico
O IGC realiza inspeccións permanentes ás webs de empresas de comercio electrónico, a última levada a cabo detectou o maior número de incumprimentos nos sectores relacionados co transporte aéreo e as axencias de viaxes
A formación é outra das claves na que destaca a eficacia do Simulador de Compras en Internet da Escola Galega de Consumo como a ferramenta máis innovadora demandada polo resto das Comunidades