Preguntas frecuentes

Buscar

Ten dispoñibles para consulta 77 resultado/s

As graxas presentes nos alimentos que consumimos están constituídas principalmente por ácidos graxos unidos por moléculas de glicerina, que así forman o que coñecemos como triglicéridos. Dependendo de como sexan as unións entre as moléculas que os forman podémonos atopar con dous tipos principais de triglicéridos: os saturados e os insaturados (mono ou poliinsaturados).

Unha DOP é un nome que identifica un produto orixinario dun lugar determinado ou dunha rexión, cuxa calidade ou características se deben fundamental ou exclusivamente a un medio xeográfico particular cos factores naturais e humanos inherentes a el; todas as súas fases de produción deben ter lugar na zona xeográfica definida. Exemplos de DOP: “Queixo Tetilla”, “Queixo San Simón”, “Pemento de Herbón.”

É un distintivo que acredita que o xoguete cumpre coa normativa europea de seguridade en materia de xoguetes.

Conforme o disposto pola Comisión Europea, o marcado CE significa: «marcado polo que o fabricante indica que o produto está en consonancia cos requisitos aplicables establecidos na lexislación comunitaria». Por iso, o marcado CE é un requisito legal aínda que non existe a obriga de esixir aos fabricantes garantir a verificación independente.

Nos autoservizos de lavandaría a responsabilidade da empresa queda limitada ao bo funcionamento da maquinaria e á calidade dos produtos de limpeza que poña ao teu dispor, pero nós seremos responsables da súa debida utilización. No caso de que os produtos de limpeza os aportes ti, cómpre prestar especial atención á súa etiquetaxe.

As etiquetas inclúen varios elementos novos, como o enlace QR que permite ás persoas consumidoras acceder a máis información sobre o produto, como por exemplo as súas dimensións.

Poderemos saber o  ruído que emiten ou, no caso dunha lavadora,    verase a simple vista o número de litros de auga por ciclo, la duración dun ciclo e o consumo de enerxía, medido todo iso para un programa normalizado.