Actualidade

Buscar

Ten dispoñibles para consulta 349 resultado/s

31/Mai/2012

A presidenta do Instituto Galego de Consumo inaugura a reunión do Grupo Europeo de Investigación sobre a Responsabilidade Civil por danos acusados por produtos defectuosos
O IGC notificou 124, dos 610 produtos incluídos na rede de alerta nacional, é dicir, máis dun 20% do total
O obxectivo da Xunta é continuar avanzando na protección dos dereitos das persoas consumidoras, o que ten levado á Consellería a elaborar a Lei de consumo que mañá cumpre o seu primeiro mes de vixencia

30/Mai/2012

Nava Castro clausura a xornada de Produtos para a Xubilación e Participacións Preferentes, organizada pola Unión de Consumidores de Galicia
Lembrou que ata agora 818 afectados, o 75% dos que presentaron reclamacións a través do Instituto Galego de Consumo, solicitaron a arbitraxe unha alternativa áxil, gratuíta e de obrigado cumprimento
Castro apuntou que a Xunta está analizar a comercialización deste produto financeiro tanto en colaboración coa Fiscalía, como a través da presentación de reclamacións ante a CNMV

29/Mai/2012

A directora xeral de Comercio recorda que a Consellería busca solucións para que os afectados recuperen o seu diñeiro ofrecendo a posibilidade da arbitraxe, colaborando coa Fiscalía e tramitando as reclamacións á CNMV, ao tempo que se estuda a existencia de cláusulas abusivas
Castro salienta que preto do 75% dos afectados que presentaron a súa reclamación ante o Instituto Galego de Consumo optaron pola arbitraxe, unha vía voluntaria, áxil, gratuíta e complementaria con outras opcións
O IGC, que habilitou puntos de atención específicos nas zonas de máis demanda, ofrece desde o primeiro momento información e asesoramento aos consumidores afectados

14/Mai/2012

Esta ferramenta dixital permitirá a realización de obradoiros sobre consumo responsable e comercio electrónico para o conxunto da poboación
O Instituto ampliará as súas actividades de formación á profesionais e consumidores grazas a infraestrutura e equipamento das 98 aulas CeMIT presentes nas catro provincias
Ofrecerá formación específica sobre os dereitos dos consumidores aos integrantes do programa de Voluntariado Dixital para que poidan asesorar a maiores e persoas en risco de exclusión dixital.

18/Abr/2012

O Instituto Galego de Consumo desenvolverá durante todo o ano accións de formación e información coa Fundación, que presta servizo de forma directa a preto de 3.000 familias de toda Galicia
A Escola Galega de Consumo, que atendeu o ano pasado a máis de 10.000 usuarios, achega así a súa actividade ao medio rural, ámbito principal de actuación da Fundación
A través do programa da TVG Preescolar na Casa e dos distintos medios nos que ten presenza a Fundación difundiranse os dereitos dos consumidores, así como consellos sobre a seguridade dos produtos
A formación ten un papel destacado na nova Lei de Protección Xeral das Persoas Consumidoras e Usuarias, que contempla a creación dunha Rede de centros para o Consumo Responsable

16/Abr/2012

O conselleiro de Economía e Industria preside o acto institucional para conmemorar o Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores
O Instituto Galego de Consumo asesorou a máis de 120.000 consumidores galegos e atendeu preto de 63.000 reclamacións na lexislatura
Guerra subliñou que a defensa dos consumidores galegos afectados pola emisión das participacións preferentes e a aposta da Xunta pola simplificación e clarificación da factura eléctrica son dúas apostas claves da Consellería
A Xunta proporá a vía extraxudicial da arbitraxe para resolver con maior axilidade os conflitos xurdidos coa emisión deste produto financeiro
Economía e Industria defendeu a eliminación das facturas por estimación, unha proposta que será acollida polo actual Goberno de España
A Xunta tamén presentou un modelo de factura única, en consenso co resto de autonomías, "para unha maior transparencia e comprensión do consumidor"

10/Abr/2012

O Instituto Galego de Consumo ofrece mañá mércores no Porriño e o xoves en Arbo charlas nas que se informará e atenderá as consultas dos consumidores
Mos e Salvaterra do Miño acolleron xa estes encontros, nos que se entrega aos afectados cuestionarios de reclamacións para axilizar a súa tramitación
Esta medida contémplase no plan de acción que a Xunta está a desenvolver para reforzar a protección dos afectados pola comercialización deste produto financeiro

29/Mar/2012

Os novos servizos de atención especializada e personalizada de Ponteareas e O Rosal botaron xa a andar e en Cangas e Vilagarcía farano os vindeiros días
Con esta acción refórzase o labor realizado desde o primeiro momento polas oficinas do Instituto Galego de Consumo nas sete grandes cidades galegas, en coordinación coas oficinas municipais e provinciais e as asociacións de consumidores
A Xunta está a desenvolver unha completa estratexia de apoio centrada na información, o asesoramento, a tramitación de reclamacións e a busca de solucións

20/Mar/2012

A Consellería de Economía e Industria está a levar a cabo un labor continuado, por medio do Instituto Galego de Consumo, na información, asesoramento e tramitación das reclamacións
Ao abeiro desta estratexia a Inspección de Consumo investigará a forma de comercialización deste produto
O Goberno galego tamén propón a vía extraxudicial da arbitraxe para resolver dun xeito máis áxil os conflitos xurdidos
A Xunta ten reforzado á formación dos especialistas no asesoramento aos consumidores cun seminario sobre as preferentes e tamén elaborou guías específicas que xa están ao dispor dos consumidores galegos

13/Mar/2012

As actividades organizadas pola Consellería que dirixe Javier Guerra forman parte dun programa de divulgación, orientado e adaptado a cativos e adultos, para facer accesible a todos a mellor formación e información sobre consumo
Os monólogos humorísticos, abertos á participación de afeccionados, achegan os dereitos e deberes das persoas consumidoras e chaman a atención sobre a súa vulneración
O programa inclúe obradoiros de consumo responsable a través das TIC para dar a coñecer o xeito de empregar estas tecnoloxías con seguridade nas compras en internet, o correo electrónico, a contratación de viaxes,...