No 2010 o incremento de consultas e asesoramentos por parte do IGC alzouse un 35%, acadando, na maioría dos casos, un acordo entre as partes enfrontadas do conflito
A posta en marcha do "plan de choque de arbitraxe" reduciu os retrasos acumulados na resolución de conflitos pola vía arbitral que ao comezo da lexislatura chegaban aos 2 anos
Galicia é a primeira CCAA en notificación de produtos inseguros, no marco da rede de alerta que funciona en España e os servizos de inspección do IGC retiraron do mercado 28.000 produtos inseguros
A campaña de divulgación sobre a tarificación eléctrica da Xunta e a intensificación da atención do IGC aos consumidores, favoreceu a diminución dun 10% das reclamacións neste eido
A remodelación da Escola Galega de Consumo permitiu un incremento do número de participantes nas actividades formativas dun 63%, alcanzando a cifra record de 13.494