Actualidade

Buscar

Ten dispoñibles para consulta 349 resultado/s

27/Feb/2013

As actuacións desenvolvidas polo Instituto Galego de Consumo permiten clarificar este mercado e avanzar na defensa dos dereitos dos consumidores e usuarios
Tras detectar incumprimentos nun 83% dos establecementos, realizouse unha segunda visita na que se constatou unha importante redución dos mesmos
O 53% dos locais que non expoñían o prezo do metal precioso xa o fan, mentres que o 95% dos que non tiñan follas de reclamacións xa corrixiron esta situación
Os locais que non tiñan balanzas aptas para transaccións comerciais solucionárono nun 73% dos casos
Ata a data iniciáronse 86 expedientes sancionadores a establecementos nos que persistían as irregularidades

07/Feb/2013

O Instituto Galego de Consumo coordina a fase autonómica do certame dirixido a alumnado de primaria e secundaria
Nesta etapa, os equipos participantes, que multiplican por tres aos da edición anterior, deberán desenvolver un traballo centrado en consumo responsable e deporte
Os gañadores nas distintas categorías representarán a Galicia na fase nacional

18/Xan/2013

O conselleiro de Economía e Industria mantivo un encontro co presidente da Fegamp e alcaldes para informalos sobre o traballo da Xunta na problemática das preferentes
O Goberno galego insta á entidade a reforzar o proceso de revisión dos casos non concluíntes co obxectivo de incrementar o ritmo de laudos
Galicia é pioneira na posta en marcha desta vía que ten permitido, por medio do IGC, que 12.000 aforradores galegos estean a recuperar os seus cartos

19/Dec/2012

Por medio deste mecanismo, a entidade devolveu ata o de agora aos afectados máis de 200 millóns de euros
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salienta no Pleno do Parlamento que o IGC seguirá levando a cabo arbitraxes mentres a entidade acepte solicitudes
Subliña que esta vía, a que se acolleron a gran maioría dos afectados, foi apoiada polo Goberno galego reforzando o sistema arbitral con 23 árbitros dedicados especificamente

12/Xuñ/2012

Javier Guerra sinala que iniciativas como este certame permiten avanzar de forma efectiva na educación para o consumo
O concurso, destinado a escolares de entre 10 a 16 anos, centrouse en aspectos do consumo responsable como a etiquetaxe dos produtos, o comercio xusto ou o uso axeitado das consolas
O colexio Pablo VI- Fátima da Rúa, o IES Manuel García Barros da Estrada e o CPR Plurilingüe Abrente de Portonovo foron os primeiros clasificados nas tres categorías establecidas
A nova Lei de Protección Xeral das Persoas Consumidoras e Usuarias contempla a creación dunha Rede de Centros de Ensino para o consumo responsable