A campaña que desenvolverá o Instituto Galego de Consumo está especialmente dirixida aos clientes con potencia contratada inferior a 3Kw, aos pensionistas con prestacións mínimas, ás familias numerosas e aos fogares con todos os seus membros en paro
A directora xeral de Comercio destaca que "o obxectivo desta campaña é evitar as recargas nas súa facturas eléctricas, tendo en conta que, en moitos casos, os consumidores están a pagar un sobreprezo, que pode evitarse cunha tramitación moi sinxela"
Distribuiranse máis de 30.000 folletos informativos en 139 oficinas de atención e asesoramento aos consumidores, prestarase atención personalizada a través do telefono gratuíto de consumidor ( 900 23 11 23), e informarase na páxina Web do IGC ( www.igc.xunta.es)