O conselleiro Javier Guerra e o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, asinan un convenio para seguir avanzando e mellorando no traballo desenvolto pola Opic de Pontevedra
O acordo coincide cun dos compromisos prioritarios da Consellería de Economía e Industria: mellorar o servizo de atención e información aos consumidores galegos dun xeito coordinado, e consolidar o formación e difusión en materia de consumo
O responsable autonómico apunta que a Opic de Pontevedra constitúe na actualidade "un servizo consolidado que contribúe de xeito moi positivo a reforzar os servizos de atención ao consumidor na provincia de Pontevedra e na propia capital, posto que o Concello carece deste servizo"
Javier Guerra lembrou que "a estratexia de fornecemento da política de protección ao consumidor da Xunta de Galicia vai continuar contando cos esforzos da Consellería de Economía e Industria, e plantexamos a consecución dun obxectivo máis ambicioso, como é a aprobación da nova Lei de Protección do Consumidor de Galicia"