Consumo

Ten dispoñibles para consulta 303 resultado/s

Nova

A Xunta de Galicia reforza todas as políticas de protección aos consumidores e traballa para profesionalizar e axilizar os mecanismos de resposta aos problemas entre consumidores e empresas
Javier Guerra visitará o luns o Rueiro de Consumo que a Consellería de Economía e Industria ten instalado dende hoxe no IIfevi para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos dos Consumidores que se celebra o 15 de marzo, unha actividade que foi inaugurada pola directora xeral de Comercio, Nava Castro.

Nova

Galicia é a segunda comunidade autónoma, despois de Madrid, que máis produtos inseguros notificou á rede de alerta en 2009, con 141 notificacións que foron feitas por detección directa no mercado por parte da inspección ou denuncia dos consumidores
A Consellería que dirixe Javier Guerra levará a cabo 60 campañas de inspección para verificar a seguridade dos produtos a venda en Galicia durante 2010, un 60% máis que no ano anterior

Nova

O conselleiro de Economía e Industria salienta que a nova normativa substituirá ao actual texto de 1984 e contemplará tres principios fundamentais
O apoio público ás asociacións de consumidores medrará este ano un 6% con respecto ao ano 2009 para incrementar a súa capacidade técnica e profesional, tal e como demanda a sociedade
O conselleiro reafirmou o seu compromiso co traballo a prol da modernización e actualización das accións encamiñadas a garantir unha maior protección ao consumidor e un maior control dos mercados que permitan que Galicia siga á vangarda neste eido co impulso do Laboratorio Galego de Consumo

Nova

A Xunta está a colaborar con estas asociacións para impulsar o seu traballo e fomentar a posta en marcha de campañas de sensibilización, detección de fraudes e protección aos consumidores
A Consellería de Economía e Industria, adica unha especial atención ás asociacións de consumidores e ofrece as súas liñas programáticas de apoio relacionadas coa presenza institucional nas súas actuacións; as axudas económicas directas, o Plan de Formación Especifico dentro da EGC e o programa de Edición de