A Consellería de Economía e Industria dota con máis de 600.000 euros aos colectivos de consumidores no novo plan de financiamento de asociacións e federacións co obxectivo de impulsar a mediación como fórmula de resolución de conflitos
Os observatorios, de ámbito autonómico, atenderán da man das federacións e das asociacións reclamacións sectoriais no eido do automóbil, dos concursos, do transporte aéreo e dos servizos e produtos financeiros
Estes acordos son froito do traballo consensuado cos colectivos de consumidores, e da necesidade de articular un traballo coordinado para lograr que as actuacións encamiñadas á defensa dos consumidores galegos acaden a repercusión que precisan e os cidadáns perciban os seus beneficios
O novo modelo avanza na defensa dos consumidores galegos, racionaliza o investimento e afonda na profesionalización e potenciación dos colectivos de consumidores