Nava Castro avanzou que o departamento que dirixe Javier Guerra porá en marcha unha campaña de inspección sobre o emprego destas liñas e requerirá das cadeas de TV que empreguen este tipo de números que se axusten á normativa
Asemade, levarase a cabo unha campaña informativa sobre os dereitos dos consumidores fronte a estas liñas 905, e poranse en marcha talleres específicos no marco do plan anual da Escola Galega de Consumo
As medidas veñen dadas polo estudo feito polo Observatorio de Premios e Concursos impulsado pola departamento que dirixe Javier Guerra da man da Federación Galega de Euroconsumo
Este observatorio é un dos sete creados pola Xunta cun investimento superior aos 400.000 euros para obter radiografías dos problemas que afectan aos consumidores galegos