Economía e Industria activa a primeira Oficina Provincial de Información ao Consumidor que abre as súas portas en Galicia, e que asesorará aos cidadáns da capital e aos concellos da provincia, de xeito especial aos que non teñan OMIC e, en particular, aos de menos de 5.000 habitantes
A posta en marcha deste servizo da resposta a un dos compromisos prioritarios do departamento que dirixe Javier Guerra: mellorar o servizo de atención e información aos consumidores galegos
Deste xeito, establécese unha rede provincial de información ao consumidor, e promocionarase a difusión da mediación e do sistema arbitral de consumo de Galicia na provincia de Pontevedra e de diferentes accións de formación e educación en materia de consumo