O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 30.I.4  e de acordo coas bases e a ordenación da actuación económica xeral e a política monetaria do Estado, establece que lle corres­pónde á Comunidade Autónoma galega, nos termos do disposto nos artigos 38, 131 e 149.1.11.ª e 13.ª da Constitución, a competencia exclusiva en materia de defensa do consumidor e do usuario, todo isto sen prexuízo da política xeral de prezos e da lexislación sobre a defensa da competencia.

Con esta regulación, ademais de establecer o desenvolvemento competencial previsto no Estatuto de autonomía, dábaselle cumprimento ao mandato constitucional do artigo 51 de que os poderes públicos garantirán a defensa dos consumidores e usuarios, protexen­do, mediante procedementos eficaces, a seguridade, a saúde e os lexítimos intereses eco­nómicos destes.

Por outra banda, en canto ás competencias da Comunidade Autónoma en materia de defensa da compentencia, tratase dunha competencia executiva  das comunidades autónomas  con competencias en materia de comercio interior para aplicar no seu territorio as normas de defensa da competencia no que se refire ás condutas que teñan ou poidan ter efectos restritivos sobre a libre concorrencia nos mercados. Facendo uso desas competencias promulgouse a Lei 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, que foi substituída pola Lei 1/2011, do 28 de febreiro, reguladora do Consello Galego da Competencia.

Tendo en conta este marco competencial, a Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionaliza-ción do sector público autonómico, no seu artigo 38, autoriza a creación do Instituto Galego do Consumo e da Competencia como organismo autónomo adscrito á consellería compe¬tente en materia de consumo, que terá como fins xerais e obxectivos básicos a defensa, protección, promoción e información dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, e a garantía, promoción e preservación dunha competencia efectiva nos mercados no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, na perspectiva de conseguir a máxima eficiencia económica e a protección e o aumento do benestar dos consumidores e consumidoras.

Na súa virtude e por medio do Decreto 118/2016, do 4 de agosto, crease o Instituto Galego do Consumo e da Competencia no que veñen reguladas, como funcións do mesmo as seguintes:

a) Orientar, formar e informar as persoas consumidoras e usuarias sobre os seus de-reitos e a forma de exercelos e de difundir o seu coñecemento, co fin de que se teñan en conta e se respecten por todos aqueles que interveñan no mercado e por aqueles aos ca¬les poida afectar directa ou indirectamente en relación cos bens e servizos.

b) Potenciar o establecemento e desenvolvemento das organizacións de persoas con-sumidoras e usuarias.

c) Promover e levar a cabo os estudos que permitan unha prognose adecuada da pro-blemática do consumo, así como levar a cabo ensaios comparativos, análises de labora¬torio e, en xeral, todos os procedementos técnicos que se precisen para o mellor coñece¬mento dos bens, produtos e servizos que se oferten ao consumidor e usuario.

d) Elaborar e difundir información para facilitar ás persoas consumidoras e usuarias a elección, con criterios de racionalidade, dos bens, produtos e servizos xenéricos máis ade¬cuados ás súas necesidades.

e) Impulsar a formación da cidadanía, como persoas consumidoras e usuarias, propo-ñendo aos organismos competentes a adopción de programas de educación para o consu¬mo nos distintos graos do ensino e realizar as actuacións necesarias para asegurar que a devandita formación sexa permanente.

f) Cooperar e colaborar coas administracións públicas e outras institucións públicas ou privadas, a través de acordos e convenios de colaboración, no ámbito dos obxectivos deste organismo.

g) Potenciar a mediación e a arbitraxe para a resolución dos conflitos en materia de consumo, organizando e xestionando o funcionamento da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.

h) Realizar actuacións de inspección e sanción no ámbito de protección das persoas consumidoras, de acordo coas disposicións vixentes.

i) Velar para que os produtos e servizos postos á disposición das persoas consumido¬ras e usuarias incorporen a información e os niveis de seguridade legalmente exixibles, e realizar campañas de control nos diferentes sectores do mercado galego, de maneira especial as dirixidas a evitar a fraude, a publicidade enganosa ou a utilización de cláusulas abusivas.

j) Poñer en coñecemento dos organismos competentes da Administración propostas e iniciativas en relación coas funcións e competencias do instituto.

k) As que de acordo co establecido na disposición adicional segunda da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, correspon¬den ao Instituto Galego de Consumo.

k) As que de acordo co establecido na disposición adicional segunda da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, correspon¬den ao Instituto Galego de Consumo.

l) A aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia, segundo os criterios establecidos pola Lei 1/2002, do 21 de fe¬breiro, de coordinación de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas en materia de defensa da competencia.

m) Preservar, garantir e promover a existencia dunha competencia efectiva nos merca¬dos, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

n) Exercer todas as funcións, competencias e potestades que sexan precisas para o desenvolvemento e exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia de protección das persoas consumidoras e defensa da competencia