RESOLUCIÓN do 12 de Abril de 2021, do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se aproba o Plan anual de vixilancia do mercado da Xunta de Galicia para o ano 2021.

 

 

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se aproba o Plan de inspección Ecommerce do Instituto Galego de Consumo e da Competencia para o ano 2021.

 

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2020, do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se aproba o Plan anual de vixilancia do mercado da Xunta de Galicia para o ano 2020.

 

 

 

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2019, do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se aproba o Plan anual de vixilancia do mercado da Xunta de Galicia para o ano 2019.

A Lei 2/2012, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, para dar cumprida resposta á defensa e protección dos consumidores e usuarios no ámbito da súa competencia ,establece  no seu artigo 56 que a Administración autonómica e as administracións locais, no ámbito das súas respectivas competencias en materia de defensa do consumidor, realizarán actuacións de inspección e control para comprobar que as empresas ou establecementos que producen, distribúen ou comercializan bens ou servizos cumpren coa lexislación vixente con relación aos dereitos e intereses dos consumidores, así como a realización, directamente ou en colaboración con outras entidades públicas ou privadas, estudos, controis, ensaios, análises e comprobacións sobre os produtos, bens, servizos e establecementos onde estes se comercialicen e préstense.

En virtude do anterior, apróbase o Plan anual de vixilancia do mercado da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

RESOLUCIÓN da Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se aproba o Plan anual de vixilancia do mercado da Xunta de Galicia para o ano 2018

A Lei 2/2012, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, para dar cumprida resposta á defensa e protección dos consumidores e usuarios no ámbito da súa competencia ,establece  no seu artigo 56 que a Administración autonómica e as administracións locais, no ámbito das súas respectivas competencias en materia de defensa do consumidor, realizarán actuacións de inspección e control para comprobar que as empresas ou establecementos que producen, distribúen ou comercializan bens ou servizos cumpren coa lexislación vixente con relación aos dereitos e intereses dos consumidores, así como a realización, directamente ou en colaboración con outras entidades públicas ou privadas, estudos, controis, ensaios, análises e comprobacións sobre os produtos, bens, servizos e establecementos onde estes se comercialicen e préstense.

En virtude do anterior, apróbase o Plan anual de vixilancia do mercado da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

 

Resolución do 13 de marzo de 2017 pola que se lle da publicidade a celebración da sesión constitutiva do Consello Reitor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

En virtude da autorización contida no artigo 38 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, créase a través do Decreto 118/2016, de 4 de agosto, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e apróbanse os seus estatuto. O artigo 8 do Decreto 118/2016 establece como órgano de goberno do Instituto Galego do Consumo e da Competencia o Consello Reitor. A Disposición adicional terceira do Decreto 118/2016 indica que o inicio da actividade do Instituto Galego do Consumo e da Competencia producirase coa celebración da sesión constitutiva do seu Consello Reitor.

 

ORDE do 8 de marzo de 2017 pola que se nomean vogais do Consello Reitor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

O artigo 8 do Decreto 118/2016, do 4 de agosto, polo que se crea o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e se aproban os seus estatutos, establece o Consello Reitor como órgano de goberno integrado pola Presidencia e oito vogais, xunto cunha secretaría.O apartado 1 do artigo 11 do referido decreto regula a composición deste Consello Reitor.

En virtude do anterior, e unha vez feitas as designacións por parte das respectivas consellerías, é necesario facer o seu nomeamento para xeral coñecemento.