Destacamos

telefonos informacion Estado Alarma
FOLLETO BONO SOCIAL ELÉCTRICO
Dalle luz a tua factura

Como reclamo?

Dentro das relacións de consumo entre una persoa consumidora ou usuaria cunha empresa, poden producirse conflitos que poden dar lugar a que se produza unha reclamación ou unha denuncia.

Partindo do anterior debe resaltarse que, cando no ámbito de consumo se está falando de reclamación ou denuncia, deben cumprirse unha serie de presupostos para que, no seu caso, se poida proceder á súa tramitación.

Asistente de reclamacións

Arbitraje de consumo

O Sistema Arbitral de Consumo, regulado polo Real decreto 231/2008, ten como finalidade atender e resolver con carácter vinculante e executivo para ambas as partes, as queixas ou reclamacións das persoas consumidoras e usuarias, sen prexuízo da protección administrativa e xudicial.

Os meus dereitos

Ademais dos dereitos recoñecidos ás persoas consumidoras na Constitución española e nas normas internacionais, comunitarias e estatais, as persoas consumidoras serán titulares dos dereitos  recoñecidos na Lei Galega de Protección Xeral das Persoas Consumidoras.

No caso de diferenza de interpretación sobre a aplicación das normas que, directa ou indirectamente, afecten os dereitos das persoas consumidoras, aplicarase a máis favorable aos intereses dos consumidores e das consumidoras.

Últimas preguntas frecuentes

  Si, nos produtos de natureza duradeira, temos dereito a un adecuado servizo técnico e á existencia de repostos durante o prazo mínimo de cinco anos a partir da data en que el produto deixe de fabricarse.
  Non, responde sempre o vendedor do produto. Non obstante, cando resulte imposible ou supoña unha carga excesiva dirixirse fronte ao vendedor,, por exemplo que pechou o establecemento, poderase reclamar directamente ao produtor co fin de obter a substitución ou reparación do produto.
  Conserva sempre os teus xustificantes de compra, recibos e albarás de entrega nos que conste a data de entrega do produto.
  Cando mercas nunha tenda e levas o produto, o período de garantía comeza a correr desde esa data. Se, en cambio, pagas o produto pero cho entregan en data posterior, o período comeza a correr o día da entrega.

Últimas empresas e profesionais adheridos ao sistema de arbitraxe