A Escola Galega do Consumo créase como un instrumento para coordinar as actividades de educación e formación no eido do consumo, coa finalidade de impulsar e desenvolver a educación e a formación das persoas consumidoras galegas.

A través das distintas programacións, a Escola Galega do Consumo canaliza as actividades de formación e educación neste ámbito, que promove a Xunta de Galicia tanto na educación formal como non formal, dando resposta á planificación estratéxica establecida en cada momento, atendendo tamén ás demandas das persoas consumidoras e á propia evolución do mercado.

As nosas aulas

Aula virtual

Plataforma de formación propia a través da que se irradiará a formación a todo tipo de persoas destinatarias de todas as idades.

Entre os diferentes programas que se desenvolverán na aula estarán, entre outros, os seguintes:

  • ConsumoEduca
  • ConsumoXenero
  • ConsumoResponsable
  • ConsumoVideoteca
  • ConsumoEcommerce

Aula de informática

Aula dotada de dez equipos informáticos, de xeito que o alumnado poida coñecer como navegar e facer compras na rede de forma segura, así como coñecer os nosos dereitos como persoas consumidoras.

Aula de publicidade

Aula equipada cos medios técnicos para traballar os contidos relacionados coa publicidade, analizar a publicidade ilícita e, en definitiva, comprender mellor a linguaxe publicitaria e os seus recursos, así como os nosos dereitos como persoas consumidoras.

Aula do supermercado

Aula en que se simula un supermercado real e onde se traballa a compra responsable, o etiquetado alimentario, a pirámide dos alimentos e a publicidade no punto de venda, analizando as técnicas comerciais para incentivar o consumo, para aprender así a mercar dun xeito informado e crítico. 

Obxectivo

O obxectivo xeral da Escola Galega do Consumo céntrase en dar resposta ás demandas formativas e educativas dos distintos sectores da poboación galega e, especificamente, ás detectadas nas estatísticas das consultas e nas reclamacións recibidas das distintas oficinas de consumo, nos estudos de investigación realizados e nas avaliacións das actividades formativas.

 

 

Para máis información: